top of page

KIRIKÚ E AS BESTAS SALVAXES

O  pequeno pícaro africano Kirikú regresa  para loitar contra o mal. Nesta ocasión, o seu avó conta aos máis pequenos da casa como Kirikú ten que buscar o valor, a astucia, o amor e a xenerosidade que se esconden no seu interior e que lle axudarán a triunfar na súa loita contra o mal. Para logralo, o neno  converterase en alfareiro, detective, xardiñeiro, comerciante e ata médico.
 

KIRIKÚ E A BRUXA

Kirikú e a bruxa é unha longametraxe de debuxos animados dirixido por Michel Ocelot en 1998. É unha coprodución entre Francia, Bélxica e Luxemburgo.
Karabá é unha malvada bruxa que domina un poboado no corazón de África. Kirikú é un neno pequeno, ao que poucos toman en serio polo seu escaso tamaño, pero que é o único que consegue recobrar algunhas cousas que a bruxa roubara. É tamén o único  que ten valor para enfrontarse con ela. Tamén se dará conta de que a historia non é como lla contaron.

CORRE, CORRE, CABACIÑA



Corre corre, cabaciña é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño. Relata a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.

O texto é de Eva Mejuto, a partir dun conto popular portugués e as 

ilustracións de André Letria.

OS CONTOS DO CAMIÑO



“OS CONTOS DO CAMIÑO”, é unha serie que consta de 26 capítulos de 10 minutos de duración e está dirixida a un público de 3 a 7 anos. Cada capítulo corresponde á adaptación dunha historia tradicional ou contemporánea publicada en forma de álbum ilustrado por OQO editora. Entre os títulos destacan "Pedra, pau e palla", "Rato Tom e rata Tomasa" ou "Sal e azucre"





bottom of page