top of page

Para nenos e nenas un pouquiño máis maiores faremos unha selección de obras literarias adaptadas á gran pantalla.

Un dos escritores máis populares de literatura para nenos e nenas e con adaptaciones de obras ó cine e ROALD DAHL ( Gales  1916 ). Foi un novelista e autor de contos, famoso como escritor para nenos e nenas, pero tamén para adultos. Entre os seus libros máis populares están Charlie e a fábrica de chocolate, Matilda ou As bruxas.

 

CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE



É unha película do ano 2005, dirixida por Tim Burton. A cinta está protagonizada por Johnny Depp (que interpreta a Willy Wonka), Freddie Highmore e Helena Bonham Carter.

A película está baseada na novela homónima de Roald Dahl.

Foi filmada en Yorkshire, Reino Unido e é a segunda adaptación da novela Charlie e a fábrica de chocolate; a primeira filmouse en 1971 



MATILDA



É unha película estadounidense de 1996 dirixida por Danny De Vito e protagonizada por Mara Wilson, baseada na novela de Roald Dahl.

Outro importante escritor de literatura infantil e fantástica, con varias obras levadas ó cine, e MICHAEL ENDE, autor de obras como Momo ou A historia interminable.

MOMO



É unha película de Johannes Schaaf, estreada en 1986, baseada na novela homónima de Michael Ende.

A HISTORIA INTERMINABLE



Película baseada na novela homónima de Michael Ende, dirixida por Wolfgang Petersen en 1984 e ganadora de numerosos premios.

Outras adaptaciones ó cine de novelas relevantes son:

ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS

É unha película de fantasía estadounidense producida e distribuída por Walt Disney Pictures inspirada nos libros Alicia no País das Marabillas e Alicia a través do espello , ambos de Lewis Carroll. O seu director foi Tim Burton.

O Sombreireiro Tolo é interpretado por Johnny Depp, mentres que Mia Wasikowska fai o papel de Alicia. Tamén figuran no reparto Helena Bonham Carter, Anne Hathaway e Crispin Glover.

OLIVER TWIST

Oliver Twist é unha película dirixida por Roman Polanski en 2005 con guión  de Ronald Harwood e baséase na novela do mesmo nome de 1838 escrita por Charles Dickens.

Oliver Twist é a primeira novela en lingua inglesa que ten a un neno como protagonista e unha das primeiras novelas sociais da historia da literatura. 

A novela foi adaptada en numerosas ocasións para o cine, a televisión e o teatro musical. 

HARRY POTTER

As películas de Harry Potter conforman unha serie cinematográfica de 8 películas baseadas cada unha nun só libro e unha película de dúas partes baseada no último libro da saga. Pertencen ao xénero fantástico, todas baseadas na novela Harry Potter creado pola autora británica J. K. Rowling.
As películas narran, do mesmo xeito que as novelas en que se basean, as vivencias de Harry Potter, un orfo que descobre a súa condición de mago tras vivir por once anos cos seus tíos.

A INVENCIÓN DE HUGO

É unha película de aventuras/drama do ano 2011 dirixida por Martin Scorsese, . Está baseada no libro A invención de Hugo Cabret, escrito por Brian Selznick, que narra a historia dun mozo que vive só nunha estación de tren de París, na década de 1930, e o enigmático dono dunha xoguetería.

ONDE VIVEN OS MONSTROS

Onde viven os monstros é unha película fantástica estadounidense de 2009 dirixida por Spike Jonze e adaptada do libro infantil de 1963 de Maurice Sendak do mesmo nome. É unha extensión do propio conto  no que un neno traste e un tanto rebelde, Max, é castigado por molestar a súa nai coa interpretación dun monstro.

bottom of page